Mondoñedo acollerá o 28 de febreiro os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro no corenta aniversario do seu pasamento.

O Concello de Mondoñedo organiza para o día 28 de febreiro de 2021 os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro no corenta cabodano do seu pasamento.
 
Os actos comezarán cunha ofrenda floral perante a súa tumba no Cemiterio Vello da cidade episcopal e seguirán no auditorio municipal Pascual Veiga co nomeamento da “Cunqueirana de Honra” a Dna. Rexina Vega Rodríguez, coa lectura pública da obra de Cunqueiro El año del cometa e coa presentación do libro Arqueoloxía cunqueiriana de D. Abel Vigo, volume que forma parte da Coleccion Selva de Esmelle da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.
 
O desenvolvemento dos actos será como segue:
 
Cemiterio Vello:
 
• 11:00 horas: Recepción por parte do Alcalde de Mondoñedo aos/ás convidados/as aos actos.
• 11:15. horas: Ofrenda Floral ante a tumba do escritor e intervención por parte das autoridades.
• Colocación dunha rosa ante a tumba de Leiras Pulpeiro.
 
Auditorio Municipal Pascual Veiga:
 
• 11:45 horas: Acto de nomeamento de “Cunqueiriana de Honra” á Profa. Dra. da Universidade de Vigo Dª. Rexina Rodríguez Vega. Intervención da Cunqueiriana de Honra, de D. Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro), e D. Alberto García Fernández (Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Mondoñedo).
• 12:30 horas: Comezo do Maratón de lectura pública da obra de Cunqueiro El año del cometa. Inicio da lectura por parte da Cunqueiriana de Honra, Dª. Rexina Vega. Continúan a lectura outros/as convidados/as. 
• 13:00 horas: Presentación do libro Arqueoloxía cunqueiriana, volume da Colección Selva de Esmelle. Intervirán: D. César Cunqueiro González–Seco (escritor e fillo de D. Álvaro Cunqueiro); o Prof. Dr. D. Felipe Debasa Navalpotro da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid; D. Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro) e o Dr. D. Abel Vigo García (autor da obra e arqueólogo do Concello de Mondoñedo).
 
Asistirán ao acto:
 
D. Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde–Presidente do Excmo. Concello de Mondoñedo
Dna. Elena Candia López, Primeira Tenente de Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo e Deputada Autonómica
D. Alberto García Fernández, Concelleiro de Cultura do Excmo. Concello de Mondoñedo
D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Dna. María Isabel Rodríguez López, Subdelegada do Goberno
Dna. Mayra García Bermúdez, Deputada Provincial de Lugo
Dna. Rexina Rodríguez Vega, Cunqueiriana de Honra e Profesora da Universidade de Vigo
D. Armando Requeixo Cuba, Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro
D. César Cunqueiro González-Seco, escritor e fillo de D. Álvaro Cunqueiro
D. Felipe Debasa Navalpotro, Profesor da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
D. Abel Vigo García, Arqueólogo do Concello de Mondoñedo
Outros/s representantes da Corporación Local
 
Estes actos de Homenaxe a D. Álvaro Cunqueiro son públicos. Celébranse observando as medidas sanitarias establecidas para a Covid-19, co que os aforos serán limitados tendo en conta estas normativas.