O premio do concurso de postais convocado polo Concello de Lourenzá será entregado este mércores, día 23, e o domingo 27 haberá un concerto da Banda de Música de Foz na igrexa de San Adriano.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “foi elixida a postal que vai empregar como felicitación de Nadal, que é a gañadora do concurso convocado polo Concello de Lourenzá, cuxa autora é Sara Terrón, de 10 anos. O premio, que consiste en 100 euros e trofeo, será entregado este mércores, día 23, ás 17 horas, durante a visita de Papá Noel ao concello”.
Ademais o domingo 27 ás 12:30 horas na igrexa de San Adriano haberá un concerto da Banda de Música de Foz. “Está incluído no programa de dinamización das parroquias, dentro do Plan Único da Deputación. Se a climatoloxía o permite será no campo da igrexa e no caso de chuvia farase no interior e con aforo limitado”, explica Manuel Arango.