Lourenzá terá neste mes de novembro un ciclo de charlas denominado Outono Cultural, que está organizado pola asociación Patrimonio Laurentino.
Comezará o sábado 7 ás 18:00 horas na planta baixa da Casa do Concello coa presentación do libro O Bispado de Mondoñedo na Idade Media, a cargo de seu autor, Carlos González Paz.
O sábado 14 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar Martín Fernández Vizoso presentará a súa publicación Memoria de mariñáns.
Tamén no Pazo de Tovar o sábado 20 ás 20:00 horas presentarase o libro No interior do abandono, acto que contará coa participación dos seus autores: Carlos Lorenzo e Baldo Ramos.
E rematará o sábado 28 ás 19:00 horas coa presentación do libro Más allá y más arriba, a cargo do seu autor, José Antonio Vázquez Taín.
Nos catro actos será obrigatorio o uso de máscara e de xel hidroalcohólico e confirmar a asistencia.