O Concello de Alfoz organiza a A Maxia da Igualdade a cargo de David Méndez. Será este sábado, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura.
É un espectáculo didáctico no que, a través dunha escenificación máxica versátil e áxil, a maxia convértese nunha ferramenta de fomento da igualdade, ao facilitar o desenvolvemento de factores como a autoestima, a creatividade ou as habilidades sociais, que poden previr determinados comportamentos. Non se trata dunha fórmula máxica senón dunha ferramenta máis de prevención.
A actividade enmárcase na campaña Ler conta moito a través da Rede de Bibliotecas Públicas.