O escritor mariñán Pepe Peinó foi premiado no IV Certamen para Obras de Teatro Joven, convocado por unha editorial de San Fernando (Cádiz).

O escritor mariñán Pepe Peinó foi premiado no IV Certame para Obras de Teatro Joven, convocado por unha editorial de San Fernando (Cádiz).

Él mesmo comentou que “veño de resultar premiado no IV Certame para Obras de Teatro Joven, que organiza a Editorial Dalya de San Fernando, Cádiz, coa miña obra Algo. Obtiven o primeiro premio na Categoría A, o que implica unha dotación económica, a publicación da obra (posiblemente en formato "espello", en castelán e en galego), a súa representación e promoción. Participaron arredor de 500 obras no concurso, de multitude de países do mundo e en diversos idiomas, pois o premio é internacional (a miña obra presenteina en galego)”.

Pepe Peinó amósase orgulloso de ter conseguido este premio: “un orgullo ter conseguido o Primeiro Premio na Categoría A no IV Certame Internacional para Obras de Teatro Joven, organizado pola Editorial Dalya en San Fernando, Cádiz. A miña obra “Algo” foi a ganadora. O meu máis sincero agradecemento á editorial Dalya pola súa aposta pola arte dramática entre a xente nova”.

As obras finalistas foron: 
Categoría A (más de una hora de duración)
-----------------------------------------
Carnada (Argentina / español)
Algo (España / gallego)
Le tunnel (Francia / francés)
C'est pas la mort (Francia / francés)
Last Night (Países Bajos / inglés)

Categoría B (30-60 min de duración)
-----------------------------------
Apátridas (España / español)
Ecoponto (Portugal / portugués)
Plus loin que l'horizon (Francia / francés)
Aula de castigo (España / español)
La prueba (Cuba / español)
Cleft (Canadá / inglés)

O xurado contou que “en la categoría A el premio ha recaído en "Algo" de José Vázquez Peinó . El jurado ha valorado la comicidad y alegría aportadas a la acción dramática en esta pieza de teatro, que transmite a los jóvenes valores y reflexiones sobre sus objetivos personales en la vida”.