A Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo, de Barreiros, e Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, organizan o próximo venres, 14 de febreiro, a conferencia “Santo Estevo do Ermo. Unha xeografía mítica e sagrada”.
A charla será impartida polo antropólogo Rafael Quintiá e terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social de San Cosme de Barreiros.