A Sociedade Cultural Ledicia remata a súa programación de Nadal coa Cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro.
A comitiva partirá ás sete da tarde da rúa do Ril, pasando por Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pardo Bazán. Rematará o percorrido cunha visita ao belén vivinte, instalado na praza da Mariña, onde as súas Maxestades recollerán os encargos de nen@s e maiores. Previamente visitarán a Residencia de Maiores e a zona infantil do Hospital da Costa e á chegada dos Reis á praza haberá unha rosconada organizada por CCA Burela, na que haberá premios e sorteos.
A Cabalgata está organizada por Ledicia co patrocinio do Concello de Burela e a colaboración de Sala-5, que engadirá unha novidade ao tradicional desfile.