Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro , celebrarase o día do neno. Haberá:
-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:
De 11:00 a 12:00 horas de 5 a 8 anos.
De 12:00 a 13:00 horas de 9 a 11 anos
De 13:00 a 14:00 horas de 12 a 15 anos
De 16:30 a 17:30 horas de 12 a 15 anos.
De 17:30 a 18:30 horas de 9 a 11 anos
De 18:30 a 19:30 horas de 5 a 8 anos.
En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.
-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades: LA GRANJA, MULTIARCOS, MOTO GP, TOBOGÁN XIGANTE, TOBOGÁN DÍSNEY, BARREDORA, GLOBOFLEXIA E MAQULLAXE.
A entrada a todas estas actividades é totalmente libre e gratuita.
E o domingo, 5 de xaneiro, terá lugar a Cabalgata de Reis. Antes os Reis pasarán primeiro, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a todos os residentes da Residencia San Bartolomé, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos maiores.
Ás 19:00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmediacións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por onde seguirán un bo tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos.
O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentres dure o Desfile.
Desde o Concello fan un chamamento aos asistentes: “dentro do Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as beirarrúas, e que por cuestións de seguridade non invadan a calzada”.
Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles.
Unha vez que os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.