Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa IX edición o SÁBADO, 28 DE DECEMBRO.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 27 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (sábado 28) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.
PREMIOS:
Peques.
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Iunior
Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Veteranos
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
En total son 900 €uros en premios en metálico.l
E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.
Este sábado dan comezo as actividades de Nadal en Xove coa video proxección "Clic", de Os Negativos e Foto Navia.Será no Salón de Actos do Centro Cívico ás sete da tarde. Trátase dunha videoproxección de fotografías realizada conxuntamente pola Asociación Fotográfica “Os Negativos” de Viveiro e o Grupo “Fotonavia” de Asturias.
O vídeo que se vai a proxectar recolle fotografías duns 20 afeccionados, tomadas en distintos lugares do mundo, pero preferentemente en Galicia e Asturias.
A montaxe do vídeo foi realizada por Javi Freitas do Grupo “Fotonavia”.
O vídeo está dividido en bloques temáticos: arquitectura, paisaxe, natureza, retrato, branco e negro, etc.
A entrada, libre. Unha boa ocasión para disfrutar da mellor fotografía.
E o domingo, 15 de decembro, terá lugar a presentación do documental "A baleeira de Morás". Será no Salón de Actos do Centro Cívico ás 19 horas. Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).
A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira.
Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal.
Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá. Entrada libre.