A Praza do Conde Santo, de Lourenzá, acollerá un acto para celebrar o Día da Biblioteca o 24 de outubro. Haberá agasallos para os participantes.

Este xoves, día 24, ás 12:30 horas, co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Juana de Ibarbourou e a do CEIP Juan Rey celebrarán un acto conxunto na Praza do Conde Santo onde se lerá un manifesto e O conto máis longo do mundo, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do colexio laurentino.

O Concello de Lourenzá obsequiará aos nenos e nenas participantes con agasallos conmemorativos do día.