Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS "ALTO DO CRUCEIRO", da cal formamos parte e, organizamos por décimoterceiro ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 4, sábado 5 e domingo 6 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 13 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA "ONOFRE LOUZAO", un recinto inaugurado hai catro anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 6 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN CARPA. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.
En canto ao amplo programa de actividades, destaca a celebración da FESTA DOS CALLOS, no seu DÉCIMOTERCEIRO ANIVERSARIO, e que terá lugar o venres 4 de outubro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 6 €uros, van poder degustar unha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 6 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra LOS SATÉLITES e a Disco Móvil “OLYMPO”
En canto ao programa de actividades previsto para o sábado 5 de outubro, temos:
- ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO PEKADOS
- ás 18:00 horas: Partido solteiros contra casados, no campo anexo ao da Festa
- ás 22:30 horas: Verbena co GRUPO PEKADOS e a ORQUESTA COMPOSTELA.
Para rematar a festa, o domingo 6, teremos:
- ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión, acompañada polos gaiteiros de Saiñas.
- 14:00 horas: Sesión Vermú co DÚO ZAFIRO.
A Comisión quere darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños.