Na Casa da Cultura de San Ciprián pódese visitar ata o 29 de xullo unha exposición de ilustracións do burelao Héctor Manasé.

Na Casa da Cultura de San Ciprián pódese visitar ata o 29 de xullo unha exposición de ilustracións do burelao Héctor Manasé.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle unha exposición de ilustracións realizadas polo burelao Héctor Manasé. A mostra, titulada Amagos de Jus, foi inaugurada onte e poderá visitarse ata o día 29 deste mes.
 
No acto inaugural participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os concelleiros Dolores García, Manuela Méndez e José Ramón Soto.
 
Héctor Manasé naceu en 1984 en Burela e estudou fotografía e vídeo en Oviedo, pero ademais é un entusiasta do debuxo. Nas súas ilustracións gústalle humanizar aos animais, o místico e máxico, o mundo do mar e case sempre engade unha pincelada de humor.
 
A edil de Cultura, Dolores García, comentou que “desde o Concello de Cervo invitamos a que visiten a exposición en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas. E animamos aos artistas a que utilicen estas instalacións para mostrar as súas obras, como fai neste caso Héctor Manasé, e poder así apreciar o seu talento”.