Mikel Erentxun actuará en Mondoñedo o 30 de abril. O concerto enmárcase na programa das feiras e festas das Quendas.

Mikel Erentxun actuará en Mondoñedo o 30 de abril. O concerto enmárcase na programa das feiras e festas das Quendas.
 
O cantautor Mikel Erentxun actuará en Mondoñedo o vindeiro 30 de abril dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que este ano se celebrarán a fin de semana do 29 ao 1 de maio.
 
O presidente da Asociación As San Lucas, organizadora das Quendas, Miguel Souto, explicou que “estamos a preparar para esta edición un programa cun forte contido cultural” que se entrelazará cos aspectos máis tradicionais das Quendas como son a Feira Cabalar, a  Festa da Empanada e os produtos do campo, e no que “non poderá faltar o aspecto musical, que hoxe adiantamos”.
 
O concerto de Mikel Erentxun será ás 22:00 horas no auditorio Pascual Veiga. As entradas xa están a venda en Abanca por un prezo de 14 euros, e o custo en taquilla  será de 18 euros. O cantautor traerá ata Mondoñedo o seu traballo, A Corazón Abierto, un álbum gravado en directo, en acústico e en solitario. 
 
Ademais do concerto estrela, a programación das Quendas tamén inclúe a actuación de orquestras na Alameda dos Remedios. O venres 29 de maio, estará a orquestra revelación 2016 La Phila, o sábado 30, Salarena e Montreal e o domingo, 1 de maio, Principal.
 
Pregoeiro
O pregón das Quendas 2016 virá da man do músico e escritor galego, César Morán Fraga, moi vinculado coa cidade de Mondoñedo xa que súa nai naceu na localidade, ademais  de colaborar coa programación cultural de Mondoñedo sempre que se lle solicitou, e coa actividade Mondoñedo é Poesía.