As asociacións Mariña Patrimonio e Nordés Faladora vimos de organizan para o 10 de setembro unha conferencia a cargo do xornalista e divulgador cultural Manuel Gago Mariño, co título "Pantasmas do mar. Vikingos e outros piratas na Galicia medieval”. Esta actividade, con entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 20.00 horas na Casa de Cultura do Concello de O Vicedo.
A xornada completarase cunha visita ao mosteiro de San Miguel na illa Coelleira, que partirá do porto de O Vicedo ás 10.00 horas. Dado que a visita á Coelleira ten límite de prazas, é imprescindible ter feita a reserva previamente.
Ás 14.30 horas haberá un xantar na Casa Fanego de San Román e as persoas que queiran participar nel teñen como data límite para anotarse o 7 de setembro. Finalmente, tralo xantar, farase unha visita ao xacemento arqueolóxico de Os Moutillós.
Para coñecer os prezos e as condicións da viaxe á Coelleira así como o custe do xantar, cómpre contactar con Miguel Vizoso no teléfono 619 55 32 36.