Os próximos 10 e 11 de xullo terá lugar a segunda edición do festival VRAO. Logo do éxito acadado o ano pasado, neste 2015 continúa a mesma filosofía pero dando paso a algunha que outra novidade co fin de consolidar o evento como unha das propostas máis atractivas e coidadas de Galicia.
VRAO é un festival galego de música independente realizado sen ánimo de lucro por Ó! Cultural que se desenvolverá en diferentes localizacións de Foz, na Mariña Lucense, cun recinto que non entende de límites e que emprega a totalidade da vila, as súas potencialidades e os seus costumes como marco referencial.
Cun modelo de xestión cofinaciado polos membros fundadores da asociación, así como por establecementos hostaleiros locais, a A.C.I.A., o Concello de Foz e a Deputación de Lugo, a vila tinguirase cos sons de interesantes bandas da escena galega durante dous días que serán máxicos.
Un dos puntos máis atractivos do festival é que será de balde, cuestión que supón un importante esforzo organizativo. Neste sentido, VRAO é unha combinación de sons, identidade, sabores e paisaxes pensada e feita por e para as persoas. É unha recuperación da música na rúa como elemento de igualación social e de desfrute. É unha aposta polo pequeno formato como signo distintivo de calidade, rigor e encanto. É unha representativa achega do que está a acontecer musicalmente en Galicia nos últimos tempos, que é moito.
En VRAO cobra significado a etiqueta "de autor", pois é un festival que deixa ver con claridade as intencións dos seus creadores e, ao mesmo tempo, inclúe proxectos de estilos moi variados e de espírito totalmente independente.
VRAO son 4 escenarios polos que pasarán once bandas galegas que representan o máis interesante da nosa escena musical actual.
Venres 10 de Xullo:
CAZADOR (Escenario A Maseira-Namarinos)
MOUNQUP (Escenario A Maseira-Namarinos)
PORROFOLAR (Escenario A Maseira-Namarinos)
MÚSCULO! (Escenario A Maseira-Namarinos)
PÁLIDA (Escenario A Maseira-Namarinos)
Sábado 11 de Xullo:
BEST BOY (Escenario Pachán Club)
THE L'ADELINES GARDEN (Escenario Rente ao Mar) THE LIMBOOS (Escenario Rente ao Mar)
BALA (Escenario Trás)
CUCHILLO DE FUEGO (Escenario Trás) THEE BLIND CROWS (Escenario Trás)
*Os horarios están suxeitos a posibles cambios pero, con carácter xeral, o venres ocuparán a franxa entre as 22:00h. e as 4:00h. e o sábado entre as 20:30h. e as 4:30h.
**O "Escenario A Maseira-Namarinos" está patrocinado polo bar A Maseira e o Pub Namarinos. O "Escenario Pachán Club" polo bar A Rambla. O "Escenario Rente ao Mar Ese Camiño" polos bares A Funcional e O Lar. E o "Escenario Trás!" polo Bar 78 e o bar O Fogar do Pelolo.
Máis información: vrao.es contacto@ocultural.es facebook.com/ocultura twitter.com/O_Cultural