Foz Market acolle a primeira concentración de Food Trucks que se celebra na Mariña. Ata o 21 de agosto, e con entrada gratuíta, os que acudan poderán disfrutar de gastronomía de autor, do salón do automóbil e dunha ampla zona ocio para os máis pequenos.

Foz Market acolle a primeira concentración de Food Trucks que se celebra na Mariña. Ata o 21 de agosto, e con entrada gratuíta, os que acudan poderán disfrutar de gastronomía de autor, do salón do automóbil e dunha ampla zona ocio para os máis pequenos.
 
Onte abriu as súas portas na explanada portuaria Foz Market, unha nova edición da Feira Multisectorial que inclúe salón del automóbil con cinco marcas presentes, festival Food Trucks, espazo para os máis pequenos…
 
Neste 2016 a entrada á feira é gratuíta. O evento está organizado por Es Market coa colaboración do Centro Comercial Aberto de Foz, do Concello e da Deputación Provincial de Lugo. 
 
No acto inaugural o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, manifestou que “un ano máis estamos na inauguración da Feira Multisectorial de Foz, este ano é a súa cuarta edición con cambios substanciais tratando de mellorar e de ir adaptándose aos tempos. Hai que agradecer e saber valorar a creatividade e a nova iniciativa da ACIA/Centro Comercial Aberto de Foz e dos promotores da feira por buscar adaptabilidade para que este evento siga adiante no mes de agosto cubrindo un fin de semana cheo de actividades”.
 
Javier Castiñeira asegurou que “é un complemento perfecto tanto coa Feira do Libro como co festival de música electrónica Tentacle e outras moitas actividades que vai haber esta fin de semana”.
 
O rexedor referiuse aos apartados da Feira este ano “no que é a comida de autor como son os Food Trucks con esta amplitude de variedade que nos ofrece, o automóbil porque estes últimos anos quizás foi do que mellor funcionou e por outro lado atendendo ao ocio dos nenos. Estas tres combinacións e facéndoa gratuíta, eu creo que fan que a Feira teña futuro, que se traballe sobre ela e que se adapte ás circunstancias do pobo”. 
 
Javier Castiñeira insistiu en dar “os parabéns aos promotores e á ACIA, e a todos aqueles que participan desexarlles moita sorte e invitar a todo o mundo a que se pase esta fin de semana por Foz, non pode pasar por Foz sen pasar pola Feira Multisectorial”.
 
Respecto a unha das novidades da Feira Foz Market este ano, a concentración de Food Trucks, o alcalde focense declarou que “esta é a primeira vez que se fai na Mariña, podemos velos algunha vez por aí en solitario, pero agora aquí hai máis de dez Food Trucks, cada unha coa súa propia obra e o seu material diferente. Está moi ben velas todas xuntas, é unha forma máis de dar unha alternativa gastronómica que está de moda. Hai que probalas porque a pinta é estupenda”.
 
Pola súa banda o organizador da Feira Multisectorial de Foz, Ángel Rojo, manifestou que “estamos en un evento un poco diferente a lo que se viene haciendo habitualmente. Estamos haciendo la primera concentración de Food Trucks de A Mariña, en la que hay varias propuestas gastronómicas de diferentes comunidades autónomas que vienen ofreciendo distintos productos”.
Ángel Rojo detallou que “tenemos comida japonesa que la hacen en el momento, gastronomía mejicana, el mejor jabugo de la denominación de origen, dulces, crepes, cup cakes, unas tostas de León que vienen con un producto muy original y diverso. En definitiva tenemos bastantes cosas que probar en un entorno ideal para pasar con la familia, con una zona infantil muy amplia para que estén entretenidos los niños”. 
 
O organizador da multisectorial de Foz comentou que “en base a esta propuesta se ha querido dar un cambio a la feria tradicional de muestras con los productos que todos más o menos conocemos. El Salón del Automóvil lo hemos seguido manteniendo porque hay concesionarios de la comarca que tienen interés en presentar nuevos modelos. Es una manera muy original de fusionar todo, ocio, compras y exposición. La entrada es gratuita”.
 
Javier Castiñeira e José Carlos Paleo,  presidente de ACIA/CCA, xunto a outros membros da Corporación Municipal focense visitaron onte pola tarde Foz Market.