O Valadouro celebra as súas Festas do Oito con distintas exhibicións que se organizan por parte das distintas asociación e colectivos que participan nelas.
Hoxe dan comezo os festexos con misa solemne seguida de sesión vermú coa orquestra Atenas, que actuará na verbena pola noite xunto ao grupo Fénix. Mañá, 9 de setembro, ás 12 haberá misa solemne, procesión e concerto da Banda Municipal de Ribadeo. Sesión vermú con Caramelo, que repite pola noite con Matiné.
O sábado haberá sesión vermú ás 14:30 horas con Fin de Siglo, que estará na verbena pola noite co grupo Pekados. Ademais o colectivo de baile de salón ofrecerá unha exhibición a partir das 21:30 horas. A entrada é de balde.
E xa o domingo haberá moitas actividades para os máis pequenos. Da parte musical encargarase o grupo Fénix.