Xira
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou no Salón de Actos do Pazo de San Marcos xunto con María Loureiro, Deputada de Muller e Igualdade, e Gema Domínguez, xestora de Comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia, o programa Xira Mulleres, que se desenvolverá durante a primeira quincena de marzo na provincia de Lugo. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade e impulsar o emprendemento feminino a través de obradoiros.
Eses talleres, que impartirá Alma Natura, desenvólvense baixo o nome de Viaxe ao emprendemento, e están destinados a aquelas mulleres que queren emprender e desenvolver unha idea de negocio vencellada ao sector da alimentación e bebidas.
“A igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos, tanto social, como económico e laboral, é un...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado de membros do colectivo organizador –a asociación Amigos da Gaita- e distintas autoridades locais, entre elas o alcalde, Fernando Suárez, participou esta tarde na presentación do Día da Gaita e Romaría de Santa Cruz, unha cita declarada de interese turístico galego que se celebrará esta fin de semana en Ribadeo.
Este evento folclórico e gastronómico que se coñece popularmente como “A Xira” vénse celebrando desde 1965 no monte de Santa Cruz, lugar que acolle a romaría e incomparable atalaia desde a que se divisa toda a bisbarra, e na que pode verse un monumento ao Gaiteiro aínda único na nosa Comunidade Autónoma.
A festa dará inicio formal o sábado 3 de agosto, ás 19,30 horas con distintos pasarrúas que servirán de preludio do pregón que, a...
leer másComeza unha semana de intensa actividade cultural en Ribadeo, segundo ven de anunciar o concelleiro Farruco Graña.
O edil nacionalista contou que “o xoves, 2 de agosto, no Auditorio Hernán Naval, ás 21 horas temos concerto de piano a cargo do ribadense Guillermo Cruzado. Vai interpretar obras de Beethoven, Chopin, Shubert ou Isaac Albéniz. Este vai ser xa o seu segundo concerto en Ribadeo. Guillermo Cruzado estuda piano no Real Conservatorio de Música de Madrid. Ten recibido formación musical de carácter complementario da man de prestixiosos mestres como Ricardo Requejo e José María Colón, deste último nos cursos internacionais de Música en Compostela. Este concerto será o xoves, 2 de agosto, ás nova da tarde no Auditorio Hernán Naval. Haberá un prezo único para todas as persoas asistentes: 3 euros”.
Graña...
leer másA asociación Amigos da Gaita Galega, en colaboración co Concello de Ribadeo, organizan o Día da Gaita-Xira de Santa Cruz. Os actos terá lugar o sábado 5 e o domingo 6 de agosto.
Esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, comezará o sábado ás 19:30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita. Ás 20:00 horas, no Cine Teatro, terá lugar o pregón que correrá a cargo de Pablo Rodríguez “Vivín”, e deseguido actuarán as Escolas. Ás 23:00 horas celebrarase un concerto no parque de San Francisco que ofrecerá Tanxugueiras Quinteto.
O programa continuará o domingo, día 6, cun pasarrúas, a partires das 11:00 horas, a cargo de Quenindiole, Proxecto Xarope e Axóuxere de Roupar. Ás 12:00 horas terá lugar unha actuación das Escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno, e a continuación a subida a Santa Cruz...
leer másO Pescados Rubén Burela FS iniciou onte a Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ polo centros de ensino da Mariña no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, co fin de promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre a xuventude de dentro e fóra da bisbarra.
Representado por Lara Balseiro e José Carlos, xunto ao técnico de Primeira LNFS Tomás de Dios e o preparador físico Alfonso Mera, o club burelista deu a coñecer algunhas das súa singularidades a través dunha proxección audiovisual e compartiu experiencias e pista co alumnado de 5º Primaria.
A Xira Laranxa 2017, que se prolongará ata finais de maio, tamén terá paradas en Ribadeo, Muras, Foz, O Vicedo, Mondoñedo, Covas e Burela.