Salón
O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross.
A actividade foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e polo presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.
O vindeiro xoves, 13 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot,...
leer másO vindeiro luns, día 16, ábrese o prazo de inscrición nos Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, Facenda e Mar.
Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade, que é gratuíta, poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que esta será presencial”.
Os Bailes de salón darán comezo o 24 de outubro e rematarán o 23 de xaneiro. A edil socialista sinala que “o martes é o día fixada para o seu desenvolvemento. Haberá tres quendas, unha de 18:45 a 20:00 horas, outra de 20:00 a 21:15 horas e a terceira será de 21:15 a 22:30 horas”.
Para calquera información e/ou aclaración, @s interesad@s poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.
Este luns, 3 de abril, ábrese o prazo de inscrición presencial para participar na actividade de Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.
Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que deberán facelo de xeito presencial”.
Os Bailes de salón darán comezo o 18 de abril e rematarán o 4 de xullo. A data elixida para impartir esta actividade na Casa da Cultura é os martes. E establécense tres quendas: unha de 18:45 a 20:00 horas; unha de 20:00 a 21:15 horas e outra de 21:15 a 22:30 horas.
A concelleira de Servizos Sociais subliña que “as prazas son limitadas e que se concederán por orde de inscrición”.
Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os...
leer más