Muras

Etiquetas:
16/11/2016
Os días 19 e 20 de novembro celébrase a II Feira do Mel de montaña de Muras. O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
 
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto co Alcalde de Muras, Manuel RequeijoArrejo e o Voceiro, Mario Rouco Rey presentaron este martes no Salón de actos do Pazo de San Marcos a II Feira do Mel de montaña de Muras. O organismo provincial colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 3.000 euros para poñer en valor os produtos da provincia e contribuír así a desestacionalizar o turismo. 
 
Vidal Baamonde subliñou que “este evento constitúe unha oportunidade única para dar a coñecer o mel, un produto de primeira calidade na nosa provincia. En Muras existen, actualmente, 25 explotacións apícolas, con 1.000 colmeas, constituíndo un importante complemento para a gandaría da zona. Anualmente prodúcense entre 700 e 2.000 litros de mel, o que supón...
leer más