Mobilidade
14/09/2015
Hoxe foi presentado o programa de actividades da Semana Europea da Mobilidade, que se desenvolverá en Burela do 16 ao 22 de setembro. O lema desta edición é Elixe, cambia, combina, a túa mobilidade.
Durante esas xornadas haberá circuíto de karts no pavillón dos institutos, haberá paseos aos colexios, charlas-obradoiros e de educación vial, entre outras actividades. O sábado, 19 de setembro, terá lugar na praza da Mariña entre as 11:30 e as 13 horas Xadrez na rúa, de 13 a 14 horas no mesmo escenario haberá unha jam session e xa pola tarde de 17:30 a 18:30 horas taller de maquillaxe e globoflexia, impartido polas monitoras de Gaia.
O domingo, 20 de setembro, desde as 9 da mañá ata as 22 horas estará pechada ao tráfico a rúa Pardo...
leer más