Marcha
27/01/2016
En Burela presentouse a III Marcha BTT da Merluza, que organizan o Concello e o Club Ciclista Burela. Será o 14 de febreiro con saída ás 9:30 horas desde a praza do Concello e rematará no pavillón de institutos, despois de percorrer 37 quilómetros por distintos camiños do municipio.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, subliñou que “o Concello participa na organización demostrando a implicación deste equipo de goberno coas asociacións e clubs”. O Concello limpará os camiños e porá os medios médicos, que estarán presentes na ruta para asistir aos participantes que o precisen. Policía Local e Protección Civil tamén colaborarán na III Marcha BTT da Merluza.
Absa dona a merluza do pincho que se servirá no xantar ao que acudirán...
leer más