Indiano

Etiquetas:
10/07/2019

O quinto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa desde hoxe, mércores.

A sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14, está dedicada a Cuba. Este país, ao que emigraron naquela época moitas persoas desta zona, tamén ten un gran protagonismo na publicación, que neste quinto número aumentou o número de colaboradores e conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.

Nesta gaceta inclúese o programa de actos do Ribadeo Indiano e poderán ler artigos de novas firmas (Celia Castro, Carlos Arévalo, Álvaro Doural e Juan Fernández Andina) así como doutras que xa participaron en números anteriores: Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín), María José Fernández Azpeitia, Carmen...

leer más
Etiquetas:
04/07/2019

O programa do VI Ribadeo Indiano preséntase cunha variedade de eventos que deron comezo coas antevésperas e as vésperas. Este sábado, 6 de xullo, iniciase un ciclo de cine cubano que se desenvolverá ata o vindeiro martes, día 9.

Este ciclo cinematográfico será presentado este sábado polo Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres Jaime, e as proxeccións serán no Teatro de Ribadeo, ás 23:00 horas o sábado e domingo, e ás 21:00 horas o luns e martes. Habanastation, Clandestinos, Un hombre de éxito e Fresa y chocolate son os filmes que se proxectarán.

O venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas no Teatro celebrarase a presentación do VI Ribadeo Indiano que correrá a cargo do alcalde, Fernando Suárez;  o Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres; o Cronista Oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez; e o...

leer más
Etiquetas:
01/07/2019

O cupón da ONCE que se sorteará este xoves, 4 de xullo, promociona o Ribadeo Indiano. Son cinco millóns e medio de cupóns os que xa están á venda en todo o estado. O boleto foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. No acto interviñeron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez. Tamén asistiu a directora da ONCE en Lugo, Eva Lorente. 

O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, manifestou que “este cupón está dedicado a esta festividade que cada ano que pasa está acadando máis repercusión publica e con maiores índices de participación, e que se vai consolidando como unha das referencias na Mariña lucense para toda España. Pretendemos con este vehículo de...

leer más
Etiquetas:
30/05/2018

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio explican que “con motivo da celebración do V Ribadeo Indiano os días 6, 7 e 8 de xullo ábrese o prazo para participar cun stand no Mercado Indiano, que terá lugar durante o sábado 7 de xullo. Esta cita constitúe un espazo para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios que comprenderán finais do S.XIX a principios do XX (produtos da horta chegados das Américas como pataca, pemento, tomate ou millo, doces e pasteis típicos da época, xoguetes, xeados, barquillos, froitas tropicais, chocolates e cacaos, roupa, tocados e camafeos, flores e plantas tropicais, decoración…). As bases e solicitude de inscrición pódense consultar en: http://ribadeo.sedelectronica.gal/

E engaden que “asemade o...

leer más
Etiquetas:
01/06/2016
O III Mercadiño Indiano celebrarase o 9 de xullo na rúa San Roque, de Ribadeo. A inscrición para poder participar está aberta ata o 20 de xuño.
 
Seguen os preparativos da III Festa Indiana, que se celebrará en Ribadeo do 8 ao10 de xullo, organizada polo Concello e por Acisa. O III Mercadiño Indiano terá lugar o 9 de xullo na rúa San Roque entre as 11 da mañá e ata a finalización do Festival de Habaneras, prevista aproximadamente para as dez da noite, segundo informa a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio. Trátase dunha mostra con produtos e mercancías de ultramar e da época así coma de oficios, que comprenden desde finais do século XIX e principios do XX. 
 
As bases para poder participar no Mercadiño Indiano atópanse colgadas na web do Concello www.ribadeo.gal Nas mesmas recóllese que poderán participar preferentemente...
leer más
Etiquetas:
29/04/2016
Faro Norte Comunicación prepara el segundo número de "A Gaceta Ribadense". El periódico se edita con motivo de la celebración del Ribadeo Indiano.
 
Con motivo de la III Fiesta Indiana, que se va a celebrar en Ribadeo del 8 al 10 de julio, Faro Norte Comunicación va a editar el segundo número de A Gaceta Ribadense, una publicación como los periódicos que había durante la época de esplendor indiano, a comienzos del siglo XX: en blanco y negro, con el mismo diseño, tipografías, estilo y tipo de publicidad (con mucha literatura y poesía). Pero los artículos y los anunciantes serán actuales.
 
Como en el primer número, publicado para la Fiesta Indiana de 2015, se editarán 3.000 ejemplares que se distribuirán gratuitamente antes y durante la Fiesta Indiana en los establecimientos que se anuncien en la publicación y también en las librerías y puntos de venta de prensa de Ribadeo. Además habrá una persona repartiéndolos por las calles.
La publicación A Gaceta Ribadense cuenta con el...
leer más