A Fundación Imdecum promoverá o Camiño Norte e o turismo en familia. Os días 1 e 2 de novembro percorrerá as etapas Ribadeo-Lourenzá e Lourenzá-Abadín.

A Fundación Imdecum promoverá o Camiño Norte e o turismo en familia. Os días 1 e 2 de novembro percorrerá as etapas Ribadeo-Lourenzá e Lourenzá-Abadín.
 
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña promoverá o Camiño de Santiago de Compostela e o turismo en familia na bisbarra a través de Camiño Norte, Feitizo da Natureza. O proxecto, que conta co apoio da Mancomunidade da Mariña Lucense, ofrece a posibilidade de imbuírse da beleza paisaxística, cultural e artística da comarca, unha riqueza accesible para calquera visitante en calquera época do ano, percorrendo as etapas de Ribadeo-Lourenzá e Lourenzá-Abadín entre os días 1 e 2 de novembro; a actividade é totalmente gratuíta e dispón de prazas limitadas.
 
Todas as familias interesadas en descubrir a maxia do Camiño Norte poden formalizar a súa solicitude para participar na actividade na sede da Fundación Imdecum (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela) ou a través de contacto@imdecum.com ata o venres 23 de outubro. Entre os solicitantes terán prioridade familias numerosas, monoparentais ou con algún membro con discapacidade.