Este xoves, 17 de setembro, arrinca unha nova edición do Juepeo, os xoves en Viveiro tapeo.

Este xoves, 17 de setembro, arrinca unha nova edición do Juepeo, os xoves en Viveiro tapeo.
 
O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza unha nova edición de Juepeo, as xornadas de tapeo que se celebran os xoves en Viveiro dende este 17 de setembro e ata o 1 de outubro. Participarán 11 locais que elaborarán delicias en versión mini cociña.  Cada tapa terá un prezo de 1,50 euros e os clientes poderán participar no sorteo de 200 euros en vales de consumición  puntuando as tapas que van probando. 
A nova edición chega tras o éxito da celebrada nos meses de maio e xuño. Participan os locais Mesón A Baiuca, Bar La Fontana, Mesón A Praciña, Belle Epoque, Mesón Imperial, Bar La Plata, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho e O Rincón do Tronco.