Este venres, 24 de abril, da comezo a VIII Volta ás Comarcas con 150 participantes. Consta de tres etapas: Lugo, Mondoñedo e Pobra do Brollón.

Este venres, 24 de abril, da comezo a VIII Volta ás Comarcas con 150 participantes. Consta de tres etapas: Lugo, Mondoñedo e Pobra do Brollón.
 
Ás 11 horas de mañá comezará na Praza Maior de Lugo a primeira etapa do ‘Desafío Volta a Lugo. VIII Volta ás Comarcas’, que discorrerá polas estradas da provincia de Lugo ata o vindeiro domingo baixa a organización do Club Ciclista Cidade de Lugo. A proba contará con dúas etapas máis, con saída en Mondoñedo, lugar de chegada mañá, e A Pobra do Brollón, punto de chegada da etapa do sábado e lugar de inicio e fin da derradeira tirada. A Vicepresidente Primeira, a través da Área de Benestar e Deporte, colabora un ano máis con esta proba. 
O vicepresidente provincial e responsable da Área de Deporte recorda que a proba “este ano será de carácter cicloturista e leva o nome de Desafío Volta a Lugo, xa que quixemos contar con todos os clubs cicloturistas da provincia. Deste xeito queremos recoñecer, como fixemos e estamos facendo desde a nosa área na maioría das disciplinas deportivas, o inmenso traballo e esforzo económico que está facendo o deporte afeccionado, centrándonos neste caso no ciclismo a través dos clubs existentes en Lugo”, sinala Antonio Veiga.
O vicepresidente provincial destacou que “este ano contaremos con tres interesantísimas etapas, entre mañá e o domingo, unindo a primeira Lugo con Mondoñedo, a segunda Mondoñedo coa Pobra do Brollón e a terceira que terá como saída e chegada a propia vila pobrense”, explica. 
 "Un bo escaparate turístico”
 Antonio Veiga considera este evento “un bo escaparate turístico, antes de comezar a tempada estival, en plena primavera”, manifesta. Proba disto é “a participación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, porque serán moitas as persoas, xa que aos participantes hai que engadirlle os seus acompañantes, que se acheguen esa fin de semana á recorrer a nosa provincia de norte a sur”, afirma o responsable da Área de Benestar e Deporte da institución provincial, que convida “a todos os afeccionados e afeccionadas do ciclismo a gozar destas tres marabillosas xornadas de ciclismo pola nosa terra”, conclúe.
Valoración técnica do desenvolvemento da proba
O diirector técnico da proba, Santiago Seijas, sinala que “lle plantexamos á Deputación de Lugo a opción de facer unha proba máis social e resultoulles unha idea moi atractiva e para nós foi un desafío tamén. Xa levamos anos de experiencia neste tipo de probas, pero é un pasiño máis porque a nosa intención é facer desta proba un referente a nivel estatal e chegar ao mellor, nun futuro, a ser unha referencia internacional. É a primeira vez que se vai facer unha volta cicloturista de tres días en Galicia e só hai dúas ou tres máis en todo o Estado. Está tendo unha repercusión mediática moi grande en todo o territorio estatal e incluso está tendo moita difusión en Portugal e imos ter participantes de alí”, explica Santiago Seijas.
A intención da organización é introducir esta proba este ano “no calendario galego e estatal, e estamos convencidos de que en dous ou tres anos duplicaremos o número de participantes, xa que temos constancia de que hai moita xente á expectativa”, asegurou.
Seijas avanza que “a infraestrutura vai ser igual que unha volta por etapas do nivel que fixemos os últimos anos, con camión podio, valados, etc. Este ano se cabe, sobre todo organizativamente, vai ser máis complexo, porque teremos saídas e chegadas en concellos diferentes co que haberá que duplicar persoal e temas de loxística”, recalca.
“Un servizo integral e que os participantes só se preocupen de andar en bici”
En canto ao trazado, “percórrese a provincia de norte a sur e a dureza márcaa o propio terreo lugués. Intentemos facelo un pouco máis gradual, tocar as diversas comarcas que ten Lugo e que os participantes, unha vez situados en Lugo, só se teñan que preocuparse de andar en bicicleta e descansar para o día seguinte. Nós vamos desprazar aos participantes desde a saída das etapas ata Lugo, vamos desprazar as bicis o último día e ao chegar van ter un buffet libre para que repoñan forzas. O que se trata é de ofrecer un servizo integral e que os participantes só se preocupen de vivir a experiencia”, manifesta.
As etapas
A priimeira etapa, mañá venres 24, contará con 86,2 quilómetros e unirá as cidades de Lugo e Mondoñedo. Partirá da Praza Mario lucense ás 11 horas e chegará á cidade episcopal, concretamente á Praza da Catedral, entre as 13:52 horas, no horario máis rápido establecido pola organización e as 14:55 horas, logo de superar un alto de 3ª categoría (Marco de Alvare) e dous de 1ª, a Cruz da Cancela e Lindín. A liña de chegada estará situada na praza da Catedral mindoniense. “Etapa de dificultade media na que nos encontraremos un perfil moi sinuoso na primeira parte da etapa e outro de dureza considerable preto do final, ascendendo dous altos consecutivos e gozando das paisaxes da bisbarra”, explican desde a organización. 
O sábado 25 de abril disputarase a segunda etapa, entre Mondoñedo e A Pobra do Brollón. Serán un total de 127,3 quilómetros coa principal dificultade de atoparse con sendos altos de segunda categoría no inicio e no final da etapa. Ao pouco de saír da cidade episcopal subirán o Alto da Xesta e a pouco máis de 20 quilómetros para a chegada farán o propio co Alto de Oural. A saída darase ás dez e media da mañá e a chegada producirase entre as 14:44 e as 16:17 horas. “Nesta etapa, de dificultade media e considerada de transición, atravesamos practicamente a provincia de Norte a Sur e as súas bisbarras, predominando neste caso A Terra Chá. É a etapa de máis quilometraxe, onde se alterna o chairo con terreo sinuoso na parte final e onde o vento pode o noso aliado ou inimigo”, comentan desde o comité organizador. 
Finalmente, este Desafío Volta Lugo pecharase o domingo, día 26, cunha etapa que terá A Pobra do Brollón como lugar de saída e de chegada. Con 80,5 quilómetros de percorrido, o principal escollo que se atoparán os cicloturistas será o alto do Boi, de 1ª categoría, que ascenderán máis ou menos no ecuador da tirada. Antes, no tramo neutralizado, xa deberán subir a Aldriz (3ª categoría) e, posteriormente, aínda terán que coroar Parada dos Montes (2ª categoría). A saída efectuarase na vila pobrense ás 10:30 horas e a chegada dos máis rápidos está prevista para as 13:11 horas. O arribo dos máis últimos está previsto para pouco despois das dúas da tarde. “Etapa final de espectacular beleza paisaxística e alta montaña onde atravesaremos toda a bisbarra do Courel. A máis curta en quilómetros, pero a máis dura debido aos numerosos altos que se ascenderán ao longo da xornada”.
O resto de información relativa á proba pódese atopar na web www.desafiovoltalugo.com.