Este sábado, 15 de agosto, preséntase na Feira do Libro de Viveiro o libro "Traca-Traco" de Paco Rivas e Otero Regal.

Este sábado, 15 de agosto, preséntase na Feira do Libro de Viveiro o libro "Traca-Traco" de Paco Rivas e Otero Regal.
 
Este sábado, 15 de agosto, as 19:30 horas, presentarase na Feira do Libro de Viveiro o libro “Traca-Traco” con 24 nanas, un aloumiño e un arolo da editorial Cumio. O libro conten 30 ilustracións e a portada a todo color de Otero Regal e outros tantos pequenos poemas e letras de cancions de Paco Rivas, e un CD con música e as partituras das cancións nas que participan mais de 30 músicos galegos, dos que cabe destacar a participación de Fuxan os ventos, Moncho Díaz, Juan Carlos García, Laura Blanca de la Barrera… entre outros.
Na presentación estará Paco Rivas, autor dos poemas, Otero Regal, autor das ilustracions, o editor de Cumio, e algún dos músicos que participaron no proxecto, incluiso quizais Paco Rivas se anime a cantar alguna das nanas.
 Está é quinta publicación na que colaboran Paco Rivas e Otero Regal, Paco Rivas cos textos e Otero Regal coas ilustracions, teñen a peculiaridade de nacer os dous na parroquia de Nois, Concello de Foz, e ser ambolos dous compañeiros de escola e amigos.
Este libro presentarase na Feira do Libro de Foz e Burela, por ambolos dous autores.
Esta colaboración de poeta e diseñador  grafico, seguirá nun futuro, de por si xa teñen entregado nunha editorial o seguinte libro adicado o mundo infantil.