Este domingo, 21 de xuño, ás 19:30 horas, terá lugar en Burela a proxección da película “Tristeza na herba”. Será na Casa da Cultura. A proxección irá precedida dunha introdución sobre o filme. O acto está organizado polo Concello de Burela.
"Tristeza na herba" está protagonizada por Miriam Vivero, Dimas Fernández, Eva Rubio, Ana Belén Val, Eva Fernández, Sandra López-Leitón, María Quirós, Antonio Jesús Lorenzo "Cachín", etc. Coa participación de Amado Lar, Canere Son... Con música de Jorge Olivera e Tono Alonso. Dirixida por Pepe Peinó e producida pola CAOLIPE.