En Ribadeo volven os "Domingos a pé". O 19 de abril as participantes realizarán un percorrido pola costa de Foz.

En Ribadeo volven os "Domingos a pé". O 19 de abril as participantes realizarán un percorrido pola costa de Foz.
 
A Concellaría de Igualdade ten aberto o prazo para anotarse nos Domingos a pé. A primeira saída deste ano, organizada polo CIM, terá lugar o vindeiro 19 de abril. 
Mariluz Álvarez Lastra dixo que “xa son nove anos os que levamos organizando actividades para promover unha saúde integral das mulleres e fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para todas elas”.
A edil nacionalista subliñou que “realizaremos un percorrido pola costa de Foz, por paraxes costeiras que están ao noso carón, pero que moitas veces ignoramos”. A saída terá lugar ás 11:15 da mañá desde a estación do tren de Ribadeo “para pasar unha xornada de ocio entre mulleres, para compartir con outras veciñas e amigas as nosas inquedanzas, para evadirnos das tarefas diarias cotiás, e para facer exercicio”.
As interesadas en participar nesta saída poden anotarse nas oficinas do CIM, na rúa Bos Aires, s/n (auditorio) ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 120 739.