Do 22 ao 24 de agosto celébranse as Festas do San Bartolo, en Barreiros, na zona veraniega.

Do 22 ao 24 de agosto celébranse as Festas do San Bartolo, en Barreiros, na zona veraniega.
 
O 22 de agosto comezan as Festas do San Bartolo na zona veraniega de Barreiros. Para este día está prevista a celebración dunha sardiñada popular, a venda dos tickets é no bar Bañenato, restaurante Mobidick e cafetería Casa Cultura de San Cosme, e o prezo da ración de sardiñas, pan e viño é de 4 euros. Tamén haberá festa verbena cunha orquestra ou grupo musical.
 
O martes, día 23, ás 12:30 horas haberá pasarrúas cunha formación de gaitas e a partir das 14:00 horas sesión vermú co grupo Montreal. Pola noite verbena co grupo Montreal e a orquestra La Fórmula.
 
E o mércores 24, festivo local, ás 11:30 horas terá lugar a misa e despois pasarrúas a cargo de Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Ás 12:30 horas de novo misa con procesión con Arco da Vella, sesión vermú co grupo Limón e pola noite verbena co grupo Limón e a orquestra La Nueva Phila.