Chega a I Ruta de Tapas de Alfoz. Seis locais ofrecerán as súas saborosas creacións os días 18, 19, 25 e 26 de abril.

Chega a I Ruta de Tapas de Alfoz. Seis locais ofrecerán as súas saborosas creacións os días 18, 19, 25 e 26 de abril.

 

Esta vindeira fin de semana, sábado 18 e domingo 19 de abril, iníciase a Primeira Ruta das Tapas de Alfoz, que se desenrola paralelamente ás Segundas Olimpíadas Interparroquiais. Seis establecementos participan, que son: Restaurante O Frenazo, Cafetaría da Casa da Cultura (Morroncho), Restaurante A Naranja, Taberna San Pedro, Bodegón Ponte de Pau e Bar Rodolfo. Os participantes deberán completar os seis establecementos nesta primeira xornada e tamén na segunda e última, que coincidirá o sábado 25 e o domingo 26 de abril e participarán nun sorteo de tres premios de 200 euros a gastar en establecementos de Alfoz. Cada un dos seis locais presentará unhas tapas propias, especiais e saborosas, que os visitantes poderán degustar. O sorteo dos tres premios será o último día das Olimpíadas, o 2 de maio.