Cine
O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces.
Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.
As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.
A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.
O Concello de Mondoñedo inmortaliza nun vídeo (https://youtu.be/aCnG5ZOUEb0) a Semana Santa do 2021 marcada pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A creación audiovisual da a coñecer as imaxes máis importantes da Semana Santa mindoniense, de interese turístico, que se concentran este ano no interior da Catedral de Mondoñedo.
“Trátase dunha exposición única, nunca vista, nun entorno tamén único como é a Catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015”, segundo destacan dende o goberno local.
A peza audiovisual de pouco máis de 3 minutos e medio comeza ensinando as tres obras escultóricas de Raimundo Rubal que adornan a entrada da Catedral de Mondoñedo.
Xa no interior, o...
leer másOs promotores desta iniciativa explican que "galerna (RAG) é un vento moi forte de entre oeste e noreste que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico”.
O 12 de xullo do 2021 cúmprense 60 anos dunha traxedia que asolou á comarca e moitos outros pobos mariñeiros do litoral cantábrico.
A frota boniteira metida de cheo en campaña, atopouse no medio dun temporal inesperado e dunha dureza extraordinaria e mortal. Ao longo de case tres días, barcos e homes loitaron por sobrevivir. Algúns conseguírono. Outros non.
Oitenta e tres homes perderon a vida e os que conseguiron volver gardan un recordo inesquecible daqueles días nos que houbo que agarrarse á vida por un pelo.
Este documental é unha pequena homenaxe a toda esa xente, familiares e veciñanza que dun xeito...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo promovo un ciclo de proxeccións audiovisuais que levará os filmes finalistas ao Premio Mestre Mateo a Foz, Vilalba e Chantada. As tres localidades acollerán nas vindeiras semanas os pases de “Ons” de Alfonso Zarauza, “A illa das mentiras” de Paula Cons, “Arima” de Jaione Camborda e “Lúa Vermella” de Lois Patiño, candidatas ao galardón na categoría de Mellor Longametraxe.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Maite Ferreiro, e o vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, Pepe Coira, presentaron a iniciativa este martes no Pazo de San Marcos, acompañados por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, e Mercedes Vázquez, de Airoá Comunicación, que xestionarán as proxeccións en Vilalba e Chantada, respectivamente.
“Desde a Vicepresidencia da Deputación...
leer másEste venres, 12 de marzo, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a proxección do documental Por ser mujer, da directora Mercedes Resino. Está organizado polo Concello focense.
Este documental ofrece a testemuña de dúas mulleres nadas en familias ultraconservadoras que transgrediron os códigos familiares e comezaron un camiño de apertura á vida na España franquista dos anos 60.
O aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.675 para reservar previamente a entrada, que é gratuíta.
Dentro do programa de actividades de dinamización das parroquias, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, proxectará en todas as parroquias do municipio o filme O que arde, de Óliver Laxe.
O calendario é o seguinte: o venres día 11 ás 20:30 horas na escola de San Adriano; o sábado 12 ás 20:00 horas no Salón de Actos do Concello; o venres 18 ás 20:30 horas no Centro Social de San Xorxe; e o sábado 19 ás 20:00 horas no pavillón polideportivo de Santo Tomé.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o aforo será limitado polo que deben reservarse as entradas, que serán gratuítas, a través do teléfono do Concello (982.12.10.06), en días laborables de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Será obrigatorio o uso de mascarilla, haberá xel hidroalcohólico a disposición do...
leer másAugas Abisais, o novo filme do director xovense Xacio Baño, estréase na 58 edición do prestixioso Festival Internacional de Cinema de Xixón
Contou co apoio do Concello para rodar en Xove e poderá verse por primeira vez a nivel nacional o 23 de novembro ao abeiro do festival nunha plataforma dixital por mor do COVID
O filme está gravado na súa maior parte en Xove, na casa familiar do cineasta antes da pandemia e contou tamén coa participación de empresas da zona coma Evox Vertical para a realización de planos de grúa.
Estrouse internacionalmente en Shefflield Doc/FEst, Inglaterra, a semana pasada e a súa premiere nacional será no Festival Internacional de Cinema de Xixón, dentro da sección oficial de curtametraxes. Este é unha das citas máis prestixiosas do circuito nacional de cinema e competirá con 15 obras...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza xunto ao Concello de Ribadeo organiza a proxección da película Reboiras. Acción e Corazón de Alberte Mera. O pase será este domingo, 22 de novembro, ás 19:30 horas en Cine Ribadeo. O despacho de billetes abrirase media hora antes e ao remate do filme haberá un coloquio entre o director e o público.
A película xira en torno á madrugada do 12 de agosto de 1975, cando a policía do réxime franquista asasina en Ferrol ao dirixente da clandestina Unión do Povo Galego. Participan vintenove testemuñas que coñeceron ao histórico nacionalista, como o seu irmá Moncho, Manuel Reboiras; a súa curmá Lita Martínez, o escritor e exsecretario da Unión do Povo Galego, Francisco Rodríguez; os escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Dario Xohán Cabana ou a cineasta Margarida Ledo. Tamén aparecen as persoas que se atopaban...
leer másVarias cintas de celuloide, que estaban esquecidas no Cine Teatro, serán recuperadas e terán unha segunda vida, moi diferente á inicial. Nesta iniciativa está a traballar Iván Torres en colaboración co Concello de Ribadeo. As imaxes, que serán tratadas con diferentes produtos químicos para converterse en abstractas, serán empregadas nun futuro proxecto que englobará a ribadenses vinculados co mundo da música.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou como xurdiu este proxecto: “no mini ciclo de jazz que tivemos este ano, o último día veu Rafa Fernández, acompañado de Iván Torres, que facía a parte das proxeccións en directo, e cando rematou o concerto falou comigo e comentoume que traballaba con cinematógrafos, que traballou en Alemaña e en Finlandia, e chamoulle a atención que o Cine Teatro de Ribadeo é un dos poucos sitios que...
leer másO Concello de Alfoz organiza un obradoiro de Cine en Igualdade, que se celebrará este mércores, día 11 de novembro, e xoves 12. Está dirixido a rapazas e rapaces con idades entre 12 e 16 anos.
Esta actividade é gratuíta e a inscrición debe facerse antes do seu comezo. Poderán participar un máximo de dez persoas e aplicarase o protocolo covid sendo obrigatorio o uso de mascarilla.
O mércores, día 11, abordarase o tema da gravación de vídeos, e o xoves 12 a edición e creación de vídeos. O horario será de 16:30 a 19:30 horas.
Colaboran nesta actividade: Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad; e Fondo Social Europeo.