Burela acolle unha exposición sobre os dereitos dos nen@s por iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación. Pódese ver ata o 30 de outubro.

Burela acolle unha exposición sobre os dereitos dos nen@s por iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación. Pódese ver ata o 30 de outubro.
 
O centro de saúde de Burela e o CEIP Virxe do Carme acollen unha exposición sobre os dereitos dos nenos e nenas. É unha iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación en colaboración coa ong Educo.
A concelleira Angélica Gómez Sánchez anunciou hoxe que “o Programa de Atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela e en colaboración coa ong Educo, de cooperación e educación para a infancia, queremos divulgar e sensibilizar á poboación sobre a realidade social do mundo que nos rodea. Grazas á axuda das diferentes ongs podemos dar a coñecer distintas visións sobre o desenvolvemento socioeconómico e a grande diversidade de situacións que se dan no mundo actual”.
Ángélica Gómez engadiu que “eliximos a exposición titulada Os dereitos das nenas e nenos, un conxunto de 9 paneis que presentan cada un dos dereitos básicos que teñen tódolos nenos e nenas: igualdade, ter un nome e nacionalidade, medrar en familia, recibir atención médica, educación, ocio e cultura, expresar opinión e que lle sexa escoitada e a participar nas decisións que lles afectan. Esta mostra vai estar no centro de saúde ata o día 14 deste mes de outubro e no CEIP Virxe do Carme dende esa data ata o 30 de outubro. Queremos agradecerlles aos centros interesados nesta iniciativa a súa implicación e colaboración con nós”.