Acisa organiza un taller educativo para pícar@s de 4 a 12 anos, que se celebrará o 21 de maio de 11 a 14 horas na antiga oficina de turismo. Segundo explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes “trátase dun obradoiro de concienciación na compra local, dentro da campaña Compra ao grande no pequeno comercio”.
Aqueles rapaces e rapazas que queiran asistir a este taller “teñen ata o 20 de maio para facerse cos seus ripenses (billetes especiais e exclusivos) para logo visitar e xogar ao noso Ribadeopolis e aprender e disfrutar co noso comercio. @s interesad@s poden obter máis información nos comercios participantes ou tamén a través do facebook de Acisa”.
O obxectivo da campaña “pasa por concienciar á poboación da importancia que ten facer as compras no pequeno comercio da nosa vila, no comercio tradicional e próximo. E para ir creando conciencia empezamos cos pícaros e pícaras de 4 a 12 anos”.