A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de Burela organiza as xornadas e concurso gastronómico denominado Un Mar de Tapas que se celebrarán os días 15,16, 17, 22, 23 e 24 deste mes de abril en vinte establecementos hostaleiros: A Casa da Avoa, A Casiña, A Marosa Pulpería, Bar Rompeolas, BoasMigas, Cafetería Vista Alegre, Casa Miranda, Cervecería Kiko, Hotel Canabal, Hotel Nordés, Hotel Palacio de Cristal, Hotel Spa Galatea, Mesón da Pedra, Mesón Don Jamón, Mis en Plas, O Sitio, O Traste, Parrillada de Jandro, Restaurante A Lonxa e Restaurante Sargo.
Os clientes que selen a tarxeta de participación en polo menos 18 dos locais poderán entrar no sorteo de 500 euros en metálico e unha cesta de peixe valorada noutros 500 euros doada por Armadores de Burela (ABSA).
Para o certame as tapas serán valoradas por un xurado profesional dirixido polo cociñeiro lucense Héctor López, copropietario do Restaurante España e xurado do programa Desafío nos Fogóns, da Televisión de Galicia.
O prezo das tapas é de 2 euros.