A primeira ruta do ano da asociación Os Sendeiros, de Foz, percorrerá o 17 de xaneiro ás terras do Vicedo.

A primeira ruta do ano da asociación Os Sendeiros, de Foz, percorrerá o 17 de xaneiro ás terras do Vicedo.
 
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o domingo, 17 de xaneiro, unha ruta polas terras de O Vicedo, o primeiro dos andareiros deste ano. 
 
A visita levará aos camiñantes á zona de San Román e o percorrido é de dificultade media. A saída está prevista ás 8:30 horas dende a Casa do Concello de Foz e os interesados deben anotarse ata o día 13 de xaneiro nos teléfonos 676561594 ou 670369017. O prezo de inscrición -20 euros para socios, 25 para non socios- inclúe comida.
 
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A actividade non inclúe seguro de accidentes.