O VII Trofeo Surf San Lorenzo celebrarse o vindeiro 5 de decembro na praia focense de Peizás, organizado polo Club Surfiños, entre as nove da mañá e as seis da tarde.
Haberá dúas categorías para os que desexen participar: unha aberta, a categoría Open, e outra Sub-16, para os menores de 16 anos. A inscrición custa 15 euros no primeiro caso e 5 no segundo. Os premios aos mellores surfistas entregaranse ás 20 horas no bar Namarinos de Foz e durante a xornada haberá sorteos e actividades musicais na praia.
Os que desexen máis información poden consultar a páxina de Facebook do Club Surfiños ou dirixirse ao teléfono 679214615.