O Concello de Foz colabora na organización da III Festa dos Callos que terá lugar na parroquia de Santa Cilla o día 28 deste mes, sábado.
Esta cita gastronómica, organizada pola Asociación Cívico Cultural Santa Cecilia, dará comezo ás 21:30 horas. O menú estará composto de empanada, callos, postre, café, pan e bebida (viño, auga e refrescos). O prezo é de 15 euros por persoa, pero para os nenos e nenas é gratis. A cea estará amenizada por Disco Móvil Coco Loco.
As persoas que queiran asistir a esta terceira edición da Festa dos Callos de Santa Cilla, en Foz, poden facer a reserva nos números de teléfono 670.50.91.69 (Pepe) ou 661.70.24.06 (Anxel) antes do mércores 25 de xaneiro.