A Concellería de Inmigración e Cooperación, de Burela, organiza un curso de informática básica para estranxeiros. Dará comezo o 28 de setembro.

A Concellería de Inmigración e Cooperación, de Burela, organiza un curso de informática básica para estranxeiros. Dará comezo o 28 de setembro.
 
A Concellería de Inmigración e Cooperación organiza entre o 28 de setembro e o 7 de outubro un curso de informática para axudar á integración dos inmigrantes residentes en Burela. A acción está financiada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta e polo Fondo Social Europeo.
O curso Informática: aprendo nas redes “está dirixido a persoas estranxeiras que queiran aprender nocións básicas do uso das novas tecnoloxías, novos procedementos como o manexo de internet, creación e uso de correo electrónico e coñecemento de redes sociais”, detalla a concelleira de Inmigración, Angélica Gómez. Terá unha duración de 25 horas e será impartido entre o 28 de setembro e o 7 de outubro no Concello de Burela. 
A edil socialista lembra que o curso se enmarca dentro do programa de inmigrantes do Concello  e subliña que “pretende axudar a axudar a acadar un bo grao de integración aos inmigrantes que residen en Burela”. 
As persoas interesadas en participar poden dirixirse á Casa do Concello ou ao teléfono 982 58 06 09.