A Casa do Mar de Ribadeo acollerá unha charla sobre a avespa velutina. Será este venres, 26 de febreiro.

A Casa do Mar de Ribadeo acollerá unha charla sobre a avespa velutina. Será este venres, 26 de febreiro.
 
O Concello, en colaboración coa asociación de nova creación de apicultores Os Abelleiros de Ribadeo organiza unha xornada formativa práctica sobre a avespa velutina, co obxectivo de dar a coñecer as diferenzas deste tipo de insecto, a explicación do ciclo da mesma e os diferentes modos de eliminación dos seus niños. 
 
A charla contará coa participación do experto viveirense José María Vázquez  en exterminación de avespas velutinas, que recentemente creou un sistema para protexer as colmeas. 
 
Os organizadores salientan a importancia e a difusión destas xornadas  ante a ameaza que supón este tipo especie para a biodiversidade e o medio ambiente en xeral. 
 
A charla, que será gratuíta e aberta a todo o público, terá lugar este venres, 26 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar. 
 
A avespa velutina pode causar importantes estragos e problemas para a comunidade de apicultores, fruticultores, madeireiros e ao medio ambiente en xeral. É por iso que o Concello quere “convidar a asistir a esta charla a toda poboación. No acto abordarase todo o necesario para aprender sobre a vida e o comportamento deste insecto así como o modo de proceder ante a presenza desta avespa asiática, considerada como moi daniña polo seu gran impacto ambiental”. 
 
Xa ao final da xornada a asociación Os Abelleiros levarán a cabo a súa presentación ante a sociedade , expoñendo as razóns polas que se crearon e os seus obxectivos de traballo conxunto.