A Biblioteca Pública Municipal de Alfoz convoca o XIV Concurso de Postais de Nadal. As bases recollen que poden participar todos os nenos e nenas das categoría de 1º Ciclo de Primaria, 2º Ciclo de Primaria e 3º Ciclo de Primaria.
Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe e a cada un deles acompañará unha folla co nome e demais datos do autor. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 doblado pola metade.
O prazo de presentación das postais rematará o 12 de decembro de 2016 debendo ser entregado polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Alfoz.
Un xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de dous traballos por categoría. Os autores seleccionados recibirán cadanseu premio. O fallo do xurado farase público na segunda quincena de decembro de 2016.
O Concello de Alfoz resérvase o dereito de reproducir e dar coñecemento á opinión pública das propostas premiadas así como da difusión da postal gañadora da forma que considere oportuna.