A Biblioteca Municipal de Foz convoca o XV Certame de Poemas de Amor. O prazo para entregar os traballos remata o 25 de febreiro.

A Biblioteca Municipal de Foz convoca o XV Certame de Poemas de Amor. O prazo para entregar os traballos remata o 25 de febreiro.
 
A biblioteca pública municipal de Foz convoca o XV Certame de Poemas de Amor, que é o máis antigo da comarca. O prazo para entregar os traballos rematará o día 25 de febreiro. Anunciouno a concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta.
“Quince anos convocando este certame polo que pasaron gañadores de diferentes puntos de Galicia: de Brión, Montefurado, Ferrol e, como non, tamén da comarca mariñá. É para todas idades, sendo o participante máis novo unha nena de 6 anos e o maior un home de 80 anos. Animamos á que participen e os interesados poden encontrar as bases na web do Concello de Foz ou poñéndose en contacto coa biblioteca pública. Hai que agradecer especialmente a Construcciones y Canalizaciones Saa e ao restaurante O Lar de Bustos, que este ano patrocinan uns bos premios para gozar da gastronomía de Foz e dunha viaxe especial”, explicou Silvia Blach.