A Asociación Cidadá contra a Letra Pequena (Con Lupa) preséntase este martes, 17 de marzo, en Foz.

A Asociación Cidadá contra a Letra Pequena (Con Lupa) preséntase este martes, 17 de marzo, en Foz.
 
Mañá martes, día 17 de marzo, ás 8 da tarde, no salón de actos do CENIMA de FOZ presentase na Mariña a Asociación Cidadá contra a Letra Pequena (CON LUPA). 
Entre os fins de esta asociación está o de organizar actos e debates públicos para informar, e denunciar se é preciso, aqueles servizos ou produtos que se están prestando ou comercializando sen a debida transparencia e que espertan dúbidas ou carrean graves prexuízos para as persoas afectadas.
Esta nova asociación, que ten ámbito de actuación provincial, nace froito da experiencia vivida na loita contra as preferentes e subordinadas, e está impulsada por persoas que proceden da plataforma que estivo dirixindo esta loita na zona centro de Lugo, pero o seu obxectivo e chegar a outras moitas persoas, interesadas en loitar e rematar coas estafas que están enriquecendo uns poucos e arruinando a miles de familias.
Neste primeiro acto público de CON LUPA na Mariña, ademais de dar a coñecer os principios, fins e obxectivos da Asociación, analizaremos a situación actual da loita contra a estafa das preferentes e subordinadas e as alternativas que quedan para que recuperen os seus aforros as persoas estafadas que aínda non o conseguiron. 
Tamén se informara neste acto das “cláusulas solo” nas hipotecas e como conseguir eliminalas.  A cláusula solo nun préstamo hipotecario establece cal será o tipo mínimo de interese que se deberá liquidar nas cotas de pago ao banco. Forma parte da letra pequena dos contratos e, na maioría dos casos, ademais de abusivas, foron comercializadas sen dar información acaída aos clientes. 
Como relatores, intervirán neste acto: Balbino Fernández, asesor fiscal en Foz, Filipe Rivas, membro da Xunta Directiva de Con Lupa e Patricio Viveiro, avogado. 
A Asociación Cidadá contra a Letra Pequena - CON LUPA está aberta a todas as persoas que se queiran integrar e disposta a compartir información, iniciativas e mobilizacións con quen se manifeste interesado/a.