Xornalistas de renome deste país participarán nas Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, que promove A Mariña Federación. Arrincan o 15 de outubro en Foz.

Xornalistas de renome deste país participarán nas Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, que promove A Mariña Federación. Arrincan o 15 de outubro en Foz.
 
A Casa da Cultura de Foz acolleu hoxe a presentación das Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, que promove a Federación de Comercio A Mariña. Son organizadas por Faro Norte Comunicación e contan co apoio económico do GALP A Mariña-Ortegal. As seis asociacións de comerciantes que forman A Mariña Federación (Foz, Viveiro, Burela, Xove, O Vicedo e Ribadeo) recibirán a visita de xornalistas chegados desde Madrid e desde outros puntos da xeografía española, que coñecerán in situ durante unha fin de semana a riqueza paisaxística, monumental e gastronómica desta zona e participarán en mesas redondas abertas a todo o público e que serán moderadas por xornalistas dos medios de comunicación desta comarca. O obxectivo desta campaña de A Mariña Federación é vender e dar coñecer todos os potenciais desta zona sobre o terreo, e que eses xornalistas se convertan “nos nosos embaixadores nas súas redes sociais, nos seus medios de comunicación…”.
 
No acto celebrado esta mañá en Foz o presidente da Federación de Comercio de A Mariña, Ramón Leivas, sinalou que “las Jornadas de Comunicación, Gastronomía y Promoción del Turismo en nuestro litoral tienen como objetivo dar a conocer esta zona, su paisaje y gastronomía, y para ello vamos a traer periodistas especializados desde Madrid y otros puntos de España a lugares como Foz, Viveiro, Burela, Xove, Vicedo y Ribadeo. Queremos que conozan “in situ” todos nuestros potenciales y que después ellos mismos lo divulguen a través de sus redes sociales y de sus medios de comunicación, entre sus amigos y compañeros. Además participarán en coloquios o mesas redondas para hablar de comunicación, gastronomía y turismo en el litoral de Lugo”.
 
Leivas dixo: “ya sabemos que los veranos en nuestra zona están consolidados, pero necesitamos que el resto del año sigan viniendo a visitarnos cada vez más personas fuera de esta estación. Los periodistas invitados conocerán cada una de nuestras zonas y podrán saborear la exquisita y variada gastronomía de nuestro litoral”. E engadiu que “a esta iniciativa de A Mariña Federación le ayuda, en la coordinación y organización del evento, la empresa Faro Norte Comunicación y contamos con el apoyo económico, ya que sin ello no sería posible, del Grupo de Acción Local del Sector Pesquero A Mariña-Ortegal, al cual le quiero dar las gracias aquí y ahora”.
 
O secretario da Federación de Comercio A Mariña e presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, explicou que “a esas visitas e mesas redondas das que estamos a falar engadiremos unha festa gastronómica en cada localidade. Nós, no caso de Foz, imos facer unhas xornadas do bígaro para colaborar coas mariscadoras desta zona e tamén potenciar todo o que se captura no noso mar. Cada ACIA vai facer unha festa gastronómica para complementar coas Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo”.
 
Paleo incidiu en que “este evento non é exclusivo para os socios das Acias que forman A Mariña Federación, senón que quen o desexe poderá achegarse ás mesas redondas e aos coloquios para escoitar e aproveitar a presenza destes xornalistas na zona”. 
 
O tamén secretario da FCAM engadiu que “desde ACIA Foz, como un colaborador máis, estamos moi satisfeitos con que se leven adiante estas xornadas e ao mesmo tempo seguir colaborando con todos os compañeiros das outras ACIAS na finalidade que nos ocupa, que é que a xente consuma na Mariña”. 
 
A directora de Faro Norte Comunicación, Carmen Cruzado, manifestou que “os medios de comunicación desta zona estarán involucrados neste proxecto moderando as mesas redondas o coloquios cos invitados. Eles son moi importantes para divulgar e dar a coñecer todo o traballo que se está a realizar desde a Federación de Comercio de A Mariña. En Foz contaremos a próxima semana, o 15 de outubro, coa visita de tres xornalistas, que participarán nunha mesa redonda ás oito da tarde na Casa de la Cultura. A charla será moderada por Pablo Villapol, xornalista do diario El Progreso”. 
 
Cruzado engadiu que “xunto a el estarán Pepa Sastre, directora adxunta de Los Desayunos de TVE desde hai uns meses e subdirectora de continuidade informativa do Canal 24 Horas, tamén en Televisión Española. Defínese coma unha apaixonada da radio, medio ao que estivo vinculada durante máis de 25 anos. Pasou pola Ser e por Onda Cero, onde ocupou diferentes cargos nas seccións de economía, laboral, sociedade e cultura e onde foi subdirectora de Las Noticias de las 2, tamén no tramo informativo de Herrera en la Onda e nas Noticias del Mediodía. En Punto Radio presentou e dirixiu programas informativos como El contrapunto ou De Costa a Costa. A súa voz foi e é unha referencia neste país. Tamén estará en Foz Pedro Pablo G. May, periodista e escritor que leva preto de 30 anos dedicado ao mundo da información, en concreto na axencia EFE. É adxunto á dirección de Efe Verde e Efe Futuro e tamén é ilustrador, debuxante e animador, ademais de ter publicado ensaios relacionados coa historia, a mitoloxía e a antropoloxía, así coma unha novela e numerosos relatos do xénero fantástico”.
 
A directora de Faro Norte Comunicación engadiu que “o 15 de outubro tamén virá a Foz Luis Fraga, cuxos inicios foron en Antena 3 Radio en Galicia e tamén en RadioVoz. Despois durante 8 tempadas presentou Las Noticias de la Mañana, en Antena 3 Televisión, onde tamén foi coeditor das Noticias Fin de Semana e presentador durante 5 años da desconexión territorial Noticias de Galicia. Nos últimos meses, como el mesmo di, deu as Boas tardes e tamén os Bos días na Televisión de Galicia. Colabora con varias universidades e escolas de postgrao, en seminarios e másteres relacionados con la comunicación e o xornalismo”. 
 
E pola súa banda, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira dixo: “como responsable da administración local, neste caso do Concello de Foz, pero eu creo que en representación de todos os alcaldes que imos participar nesta iniciativa, quero dar os parabéns á Federación de Comerciantes de A Mariña, posto que é unha iniciativa que colle moito ámbito, promove o comercio e o produto local, por suposto o produto do noso mar e obviamente todo o que é A Mariña. Esta iniciativa engloba unha serie de charlas que trae a diferentes personalidades do mundo do periodismo para a promoción nos medios do turismo e o coñecemento da Mariña”. 
 
O rexedor engadiu que “o que podo facer desde o Concello de Foz é poñer o máximo empeño nisto e tratar de divulgar ao máximo posible nos nosos veciños este evento para que asistan a estas charlas onde imos ver a diferentes personaxes da comunicación promocionando a nosa costa. Nestes últimos anos estase facendo unha divulgación e un traballo enorme por parte dos diferentes entes, neste caso da Federación de Comercio, tamén do Grupo de Acción Costeira, que é quen financia esta actividade, tamén da Mancomunidade de Municipios e de todos os Concellos, labor que está dando un resultado estupendo. Podémolo ver porque nestes últimos anos nos veráns están baténdose un tras outro récords de ocupación absoluta; e iso ven detrás dun grande traballo de moita xente. Parabéns de novo desde os responsables das administracións locais e agradecer todo ese traballo complementario que se está facendo desde moitos entes e que nos están axudando aos concellos, e en xeral á Mariña, a promocionarnos como destino turístico, que eu creo que ese é o obxectivo por parte de todos”.
 
As Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo arrincarán en Foz, onde os días 14 e 15 de outubro se celebrará a Festa do Bígaro na que participan unha ducia de locais hostaleiros e onde o día 15 se celebrará a primeira mesa redonda con xornalistas de renome.