O Torneo de Ximnasia Rítmica de Conxuntos Concello de Burela volve a Vista Alegre este domingo, 12 de abril, coa sexta edición, baixo a organización da escola mariñá Porta Norte e coa colaboración da Fundación Imdecum e do Concello burelao.
Un total de 300 ximnastas procedentes de clubs de toda Galicia amosarán as súas destrezas sobre o tapiz. A xornada dividirase entre a exhibición dos conxuntos de Promoción pola mañá, dende as 11.30 horas, e do nivel Escolar pola tarde, dende as 16.00 horas.
A cita tamén contará coa presenza das 6 ximnastas de Porta Norte que representarán a provincia de Lugo no Campionato de España de Base, que se celebrará en Guadalajara entre o 24 e o 26 de abril.