Gravado

Etiquetas:
04/11/2015
O Complexo Regal Xunqueira, de Viveiro, acolle ata finais de novembro unha exposición de gravados de Gándara-Golpe.
 
O Complexo Cultural Regal-Xunqueira inaugura o xoves, 5 de novembro, a exposición de Gándara-Golpe Gravados. O acto de apertura terá lugar ás 20 horas na sala de exposicións do complexo e a mostra poderase visitar ata finais de mes.
 
O autor da exposición é o artista de Betanzos que asina como Gándara-Golpe, que comeza a interesarse polo gravado na súa localidade natal a finais dos 80. Estuda o Máster de Obra Gráfica na Fundación Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) e trae a Viveiro un “revoltixo de obras producidas entre o obradoiro do CIEC e o de Alfara Studio na Encina de S. Silvestre, en Salamanca”.  Punta seca, augaforte, augatinta, chiné collée, maneira negra, litografía, xilografía e serigrafía son algunhas...
leer más
Etiquetas:
03/10/2015
En Viveiro no Complexo Cultural Regalxunqueira da comezo, por terceiro ano consecutivo, o curso de inicio ao gravado calcográfico. As clases serán os xoves pola tarde.
Axel Okelman, comeza o curso 2015-2016, de inicio ao gravado calcográfico en Regalxunqueira, as clases impártense de 17 a 21 horas, todos os xoves.
Soamente se cobran os materiais do gravado. É o terceiro ano consecutivo que se imparte este curso, ao que acude xente de Ferrol, O Vicedo, O Barqueiro e de outras partes de Galicia.
Os interesados poden anotarse no Complexo Cultural Regalxunqueira:
982 56 25 89 – ceramica@oteroregal.com