Xardíns
19/06/2015
O Espazo Caritel é un proxecto que pretende ofrecer ao panorama cultural e turístico da Mariña a oportunidade de gozar da botánica e da arte contemporánea , así como incidir no desenvolvemento sostible da súa contorna. O itinerario visitable conta cun edificio que alberga unha sala de exposicións destinada a mostras temporais. O percorrido tamén permite ver o xardín (duns 3500 metros) de notable interese botánico. Destaca pola súa importancia a colección de camelias (formada por un cento de variedades). Tamén é salientable a abundante flora autóctona que contrasta con especies procedentes de todos os continentes.
Esta iniciativa, a tan só 200 metros da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, pretende facer dese recuncho de Foz, un lugar de especial relevo para os...
leer más