Porto

Etiquetas:
04/05/2023

Entre o 12 e o 14 de maio poderase visitar no porto de Ribadeo a Nao Victoria. Trátase dunha réplica da embarcación orixinal, que foi construída para a Expo de Sevilla de 1992, e que deu a volta ao mundo entre 2004 e 2006. 

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “do 12 ao 14 de maio, por primeira vez en Ribadeo, poderase visitar no porto deportivo a Nao Victoria, protagonista da primeira volta ao mundo no século XVI (entre os anos 1519 e 1522). Trátase dunha réplica desa embarcación, que foi construída para a Expo 92, e que fixo o mesmo percorrido que a orixinal entre 2004 e 2006”. 

O 8 de setembro de 1522 dezaoito homes, baixo o mando de Juan Sebastián Elcano e a bordo da Nao Victoria, lograron o maior fito da historia da navegación. Despois de tres anos de sufrimento no mar foron os primeiros en...

leer más
Etiquetas:
12/06/2019

Este venres, 14 de xuño, darán comezo os Concertos de Primaveira en Foz.

O venres actuará o grupo Desenchufados cun repertorio no que inclúen éxitos de sempre.

O sábado, 22 de xuño, ofrecerá un concerto Kentakis cunha mestura de diferentes estilos musicais.

E o venres, 28 de xuño, pechará este ciclo El Mercado de Rosen nun tributo ao cantante Rosendo. 

A cita está organizada por varios establecementos hostaleiros do porto. 

Etiquetas:
03/03/2017

O Concello de Foz colabora na organización das primeiras Xornadas de Pesca con Señuelos que terán lugar os días 11 e 12 de marzo e que hoxe foron presentadas no Cenima. Este evento, promovido pola asociación A Ribeira, abordará as técnicas nas modalidades de jigging e spinning e na súa organización tamén colaboran o Centro Comercial Aberto de Foz e a Deputación de Lugo.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, sinalou que “é unha iniciativa nova, diferente, sobre a pesca deportiva. Son diferentes técnicas que veñen moi ben, posto que cremos que o futuro nas nosas instalacións do noso pobo referente á pesca, eu entendo que é a náutico deportiva, pola que hai que apostar. Estamos rodeados de varios portos pesqueiros que xa cobren outro tipo de variedades. A pesca deportiva é algo ao que moitos dos nosos veciños se están dedicando a modo...

leer más
Etiquetas:
22/05/2015
Este sábado, 23 de maio, haberá un espectáculo musical no porto deportivo de Ribadeo. Os tripulantes dun barco imitarán cos seus ritmos os sons das mareas.

 

Mañá sábado, 23 de maio, ás 12.00  da mañá fronte ás oficinas do Real Club Náutico de Ribadeo, e organizado por esta entidade, haberá un insólito espectáculo musical a cargo dos tripulantes do barco da organización Floodtidemusic, que imitan cos seus ritmos os sons  das mareas.