alfombras florais

18/04/2025

O colectivo que agrupa aos veciños e veciñas de Burela que adornan as rúas con alfombras florais para a procesión na honra á patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme, organiza un cocktail baile para recadar fondos. Será o día 26 de abril, sábado, ás 22:00 horas no Hotel Nordés.

Os organizadores do evento anuncian que haberá “comida, música con DJ, sorteos e bailoteo”; e animan a recoller o ticket no Hotel Nordés para pasar “unha xornada divertida con sorteos e sorpresas”.

O prezo é de 35 euros por persoa, dos cales 5 son de donativo para a alfombra floral.