solo pelviano
O Concello de Foz organiza un obradoiro gratuíto titulado Coñece o teu solo pelviano. Será o día 17 de marzo, luns, de 18 a 20 horas no salón de conferencias do CENIΜΑ.
Esta actividade está dirixida a mulleres de todas as idades do concello de Foz e será impartido por María González Cociña, matrona e directora de Centro M Burela.
O Concello de Burela organiza dous obradoiros de solo pelviano que se desenvolverán este venres, día 7 de marzo, e o luns 10, na Praza de Abastos.
“Se es muller e queres coidar da túa saúde pelviana este obradoiro é para ti. Lara Bello, fisioterapeuta especializada en pelviperineoloxía, acompañarate nunha sesión teórico práctica para coñecer e traballar esta parte tan importante do corpo. As datas a elixir son o venres 7 de 10:00 a 12:30 horas ou o luns 10 de 17:00 a 19:30 horas”, anuncia o Concello de Burela.
As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse previamente na Casa do Concello.